Benvida e Información Aula Virtual
Apreciadas familias:
Póñome en contacto con vós aos efectos de lembrar certas cuestións metodolóxicas e do día a día da clase, coa finalidade de que as nosas nenas e os nosos nenos poidan desenvolver ao máximo unhas aprendizaxes satisfactorias e acadar unha boa competencia lingüística na lingua extranxeira.
A colaboración familia escola é fundamental neste proceso.
No 3º nivel de Primaria usamos, como sabedes, o libro de texto Rooftops 4, o cal é un recurso máis, pero non o único, na labor de ensino-aprendizaxe.
Debido a nosa participación no proxecto de Seccións Bilingües, contaremos cun/cunha profesora axudante de conversa o que nos permitirá facer fincapé na comunicación oral e na conciencia intercultural.
Tamén dispoñemos da Aula Virtual, da cal farei unha descripción máis extensa:
AULA VIRTUAL DO CEIP DE ARZÚA
http://centros.edu.xunta.gal/ceipdearzua/aulavirtual/ ou ben dende o enlace da páxina web do colexio, arriba, esquerda, Aula Virtual. A Aula Virtual en Lingua Inglesa está aberta, polo tanto podedes acceder como convidados sen necesidade de contraseña.
Na Aula Virtual podemos atopar enlaces con explicacións e actividades interactivas para traballar os diferentes temas das materias de cada nivel. O acceso é libre, podedes entrar como convidad@s.
En Lingua Inglesa de 4º Nivel traballaremos:
:
Historias e contos (Little Red Riding Hood, In the Dark, Dark Wood, Why Anansy has Thin Legs,etc). Con estas historias practicamos lectura, escritura e facemos role plays, diálogos onde aprendemos a falar a lingua inglesa dentro dun contexto.
Para escoitar na casa, entramos na Aula Virtual- Lingua Inglesa 3º- Readings- Short Stories (britishcouncil.org).
Os debuxos animados son moi útiles á hora de aprender inglés, Dispoñen na Aula en Videos and Films, de enlaces a debuxos como Peppa Pig, Tom&Jerry, Dora the Explorer, etc con subtitulos en inglés, de modo que poden escoitar e ler. Poden e deben escoitar cantas historias desexen ,é un bo método para afacer o oído á nova lingua e, ao mesmo tempo, divertirse.
Cancións: ABC, The Scary Skeleton, Hockey Cockey, etc.. cunha finalidade similar a dos contos. É importante que as nenas e nenos se habitúen a memorizar e contar ou cantar contos e e cancións.
Vocabulario: A Aula de 3º e 4º curso está centrada en vocabulario específico: Home (AV-3ºLingua Inglesa-Home), Clothes, The time, School, Descriptions, Food, Animals, Body, Weather, Town, Sports, etc. O alumnado deberá repasar cando o precise este vocabulario mediante actividades on line, xogos, historias, etc.
Situacións Comunicativas: En Lingua Inglesa utilizamos o chamado Enfoque Comunicativo onde a aprendizaxe xira arredor de situacións comunicativas, é dicir, o uso da lingua estranxeira é para comunicarse con outras persoas, para iso usaremos calquera apoio, sexa xestual, visual, etc. Diferentes situacións comunicativas son: Introducing Yourself (Saudando e presentandose a si mesm@s), Meeting New Friends (Coñecendo nov@s amig@s), In the Street (Na rúa), At the restaurant, At the hotel, At the supermarket, At the doctor´s, etc, etc. Podedes atopalas todas na Aula Virtual (AV-5º e 6º-lingua inglesa). Polo momento, en 3º centrámonos nas máis básicas (Introducing Yourself, etc) onde aprendemos a dar información sobre nós mesm@s, como estamos, o que nos gusta, as habilidades que temos, describirnos a nòs mesm@s, a roupa que levamos posta, os deportes que nos gustan, etc.
Gramática: Paralelamente ao uso da lingua, nos últimos cursos estudamos as estructuras nas que está baseada esta lingua: tempos verbais, pronomes, etc. Neste momento, centrarémonos nos verbos To Be, To Have, There is/ are, Like, Can.., etc, aínda que usamos muitos outros a nivel oral fundamentalmente. Podedes atopar enlaces para practicar todos os tempos verbais e demais estructuras gramaticais na Aula, 3º- lingua inglesa- Grammar .
Xogos: Calquera tipo de xogos ou videoxogos en inglés é útil para aprender a lingua. Na AV en cada tema tamén hai xogos referentes a cada situación.
A Aula Virtual está distribuída tamén, ademais das unidades temáticas, en UNIDADES do libro de texto Rooftops, é dicir, Unidade 1, 2, 3…con todos os enlaces relacionados con esas unidades, tanto recursos como actividades. (Isto non quita que el@s podan indagar pola Aula Virtual e facer outras cousas que lles interese). Usamos con frecuencia unhas actividades chamadas LIVEWORKSHEETS, son actividades para facer no ordenador e que, ao rematar, introducen @s nen@s o seu nome, curso e o meu correo electrónico ( teachertareixa@gmail.com ), e a aplicación envíamas a min para ser correxidas.
Na Aula Virtual, Lingua Inglesa 4º, aparece unha pestana chamada AGENDA 2023/24. Aí,semanalmente e mes a mes, irei anotando o que estamos a traballar e tamén os deberes, que adoito poñer os venres e deberían estar realizados ao rematar a semana seguinte. Isto é útil se alguén ten que quedarse na casa e tamén para que tod@s teñades unha guía do que estamos a traballar na aula.
Outra cuestión a recordar é que no transcurso de calquera actividade podemos tratar temas que son relevantes para a nosa construcción como sociedade, coñecidos como temas ou elementos transversais e tamén como Educación en Valores e así se recolle no Currículo.
(https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/09/09/20140909_curriculo_primaria.pdf). Estes temas poderían ser sobre saúde, alimentación, igualdade, etc.
Lembrade que a libreta, onde teremos esquemas dos contidos traballados e exercicios, o libro de texto e a Aula Virtual son recursos sempre a vosa disposición. Tamén quedamos a vosa disposición o equipo docente. Os luns de 17:00 á 18:00 no horario de tutoría atenderemos calquera dúbida ou consulta respecto a aprendizaxe e desenvolvemento dos vosos fillos e fillas. Facilítovos o meu número de teléfono, 616712997, para calquera dúbida ou comunicación que queirades ter respecto a educacón d@s vosa@s fill@s. O correo electrónico é teachertareixa@gmail.com
Agardando que esta comunicación sexa do voso interese e de utilidade para este poxecto compartido pola familia e a escola que é a educación de cada neno e nena, recibide os saúdos desta docente.
Teresa Díaz