Calendario: R4
O Paralítico de Cafarnaún
Os milagres son signos que facía Xesús para amosar o amor de Deus polas persoas especialmente polas enfermas e as máis necesitadas.
A seguinte actividade amosa por un lado o texto evanxélico de San Lucas 5, 17-26 no cal se inspira o autor anónimo do cadro " A curación do paralítico en Cafarnaún" que se atopa no museo " O mosteiro de Visoki Decani" en Kosovo. Por outro lado proponse unha análise do cadro á luz da lectura do texto bíblico. Esta obra amosa que o paralítico conta coa solidariedade e a fe das 4 persoas que o levan ata Xesús. Tamén se observa como o paralítico lle estende a man a Xesús para ser curado por El.
Unha vez lido o relato na biblia online https://www.biblia.es/reina-valera-1960.php podes completar o texto correspondente e despois analizar o cadro e respostar as cuestións que se plantexan. Busca a pintura en internet para ter unha visión máis ampla e clara da mesma.