EVA ONLINE: Acceso e interface
Requisitos do completado
Acceso e interface
EVA ONLINE: Acceso e interface 2
2. Acceso
A URL para acceder á plataforma EVA Online é: https://eva.edu.xunta.es
Unha vez que se accede a través do explorador, aparece a pantalla de login ou acceso na que se poden distinguir as seguintes partes:
-
Login
-
Selector de idioma
-
Carrusel de novas
2.1.1. Login
Na pantalla de acceso a EVA Online, realízase a identificación na plataforma.

Para iso, introducirase o nome de usuario e o contrasinal correspondente. Posteriormente hai que facer clic en "Acceso" .
2.1.2. Selector de idioma
O selector de idioma permite elixir o idioma desta pantalla de acceso. Cámbiase facendo clic no devandito selector de idioma.

Pódese elixir entre:
-
Galego (gl)
-
Español (es)
-
English (en)
Por defecto a plataforma mostrarase en idioma "Galego".
2.1.3. Carrusel de novas
A pantalla de acceso mostra un carrusel con noticias ou novidades de interese para a comunidade educativa.
