EVA Offline
| Sitio: | Aula Virtual |
| Curso: | WEB COLE |
| Libro: | EVA Offline |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | xoves, 15 de xaneiro de 2026, 5:27 PM |
Descrición
EVA Offline
EVA Offline 1
1. Introdución
EVA Offline resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade.
Os dispositivos, tanto de profesor como de alumno, xa dispoñen a aplicación instalada na sección "Educación" do Escritorio Abalar.
A continuación explicarase como enlazar o aplicativo co EVA Online, como descargar os contidos dos libros dixitais, acceder a eles cando non hai conexión a internet, e por último como visualizar o seguimiento do alumnado.
Comenzamos?
EVA Offline 2
2. Acceso á aplicación
Para comezar a utilizar EVA Offline só hai que facer clic sobre a icona da aplicación dende o escritorio.

A primeira vez que se accede, é necesario activar a ferramenta e deberase estar conectado a internet. Introducirase o usuario e contrasinal e por último farase clic en "Engadir".

Xa na pantalla principal, é importante fixarse na icona ou marcador de conectividade.

Cando os usuarios estean conectados o indicador aparecerá de cor verde.
![]()
No momento no que nos encontremos offline, o marcador aparecerá de cor vermello.
EVA Offline 3
3. Acceso ás materias
Unha vez na pantalla principal, aparecen no panel esquerdo as materias ás que se poden acceder.
Ao facer clic sobre unha das materias móstrase o apartado "Contidos".

Ao facer clic sobre a sección "Contidos" despréganse as unidades da materia á que se poden acceder.
Premendo sobre o título da unidade, na parte dereita móstranse os contidos descargables da unidade.

EVA Offline 6
6. Visualización de contidos sen conectividae
O alumnado poderá acceder á aplicación sen necesidade de conexión a internet, e durante esta sesión visualizará as materias que se sincronizaron na súa última conexión, así como as unidades dos contidos descargados.

Os contidos xa descargados presentan unha icona de aspa
. Ao premer sobre ela borrase o contido descargado, polo que é importante advertir ao alumnado que non o fagan.
Para acceder aos contidos é necesario facer clic sobre aquela materia á que se quere acceder e farase clic sobre a opción "Contidos".

Abrirase unha nova ventá onde aparecerá o índice de unidades da materia. Facendo clic sobre o titulo de cada unidade, verase o contido asignado a esta.

Para abrir calquera dos contidos descargados só hai que facer clic sobre o seu título. Unha vez aberto, verase como o contido se visualiza en toda a área de traballo da aplicación.
