I CERTAME DE CONTOS ANANOS ABRELINGUAS DE CORVILLÓN  -maio 2026

A biblioteca e o departamento de inglés do CEIP de Corvillón, en colaboración coa compañía Teatro do Patio, invitan a todo o alumnado de primaria do noso centro a participar no primeiro certame de contos ananos Abrelinguas.

Trátase de crear contos de tema libre en galego cun máximo de cen palabras, pero que tamén inclúan, polo menos, unha frase en inglés.

CATEGORÍAS:

  1. Alumnado de 1º, 2º e 3º. Poderá participar autonomamente ou con contos de autoría conxunta con alguén da súa familia (irmán maior, tíos, avoas, nais...).

  2. Alumnado de 4º, 5º e 6º. Participará autonomamente con contos de autoría propia.

En calquera categoría poderase pedir axuda para aspectos lingüísticos relacionados co inglés ou para aclaracións.

MODO DE PARTICIPAR:

Na biblioteca poderase recoller e entregar a folla de participación, que inclúe espazo para os datos e para o conto.

PRAZO:

O concurso estará aberto desde o día de hoxe ata o 30 de maio.

PREMIOS:

Para cada categoría establécense os seguintes premios:

  • Primeiro premio: gran lote de libros, gravación dramatizada do conto pola compañía Teatro do Patio e publicación na web do centro, contando co permiso dos titores do autor.

  • Segundo premio: lote de libros, gravación dramatizada do conto pola compañía Teatro do Patio e publicación na web do centro, contando co permiso dos titores do autor.

O xurado poderá declarar os premios desertos ou establecer accésits.

XURADO:

O xurado estará composto por dous docentes e un membro da compañía Teatro do Patio que non participasen no concurso ou, de non ser posible, por tres docentes. O xurado poderá aplicar as bases con flexibilidade e resolver calquera incidencia non prevista.

FALLO:

O fallo e os premios comunicaranse na actuación de fin de curso da compañía Teatro do Patio, que terá lugar no mes de xuño.







Última modificación: mércores, 15 de abril de 2026, 9:31 AM