Proposta con actividades para a semana do 8 ao 12 de xuño
Requisitos do completado
Déixovos unha proposta algo diferente con actividades para a semana do 8 ao 12 de xuño.
1. Escoitamos e cantamos a canción After a While Crocodile, que incorpora moitas rimas.
2. Pintamos unha ficha cos protagonistas da historia. Podemos escoller entre o "alligator" ou a "butterfly". (aquí as familias poden indicar as cores que deben usar, facer que llas pidan, contar as cores que temos...)
3. Podemos agora poñer unha ficha a modo de poster nunha porta e practicar diferentes despedidas con rima cada vez que saiamos.
Para calquera dúbida ou suxestión podedes contactarme no correo 4mytutor2018@gmail.com.
Unha aperta,
A profe Maira.
Última modificación: venres, 5 de xuño de 2020, 7:49 PM