3º trimestre
Requisitos do completado
Ola familias!
Para os nenos e nenas de 4 e 5 anos propoño actividades xerais xa que non vexo apropiado darvos indicacións concretas para facer sesións de psicomotricidade nas vosas casas. A liña de traballo con elxs é a mesma que veño propoñendo desde o inicio do confinamento: darlle autonomía, deixar que se expresen, imaxinen, pinten, recorten, se movan,..., é dicir, que aprendan de xeito natural por medio de accións da vida cotiá (limpar, cociñar, botar a roupa a secar,...). Para iso vos recomendo propostas interesantes, vídeos, etc. de onde podedes adaptar tarefas para facer cos pequenxs.
Paciencia e moito ánimo!! E recordade que podedes contactar comigo na dirección de correo electrónico mestresergio.ef@gmail.com