Section outline

    • Ola!
      Como xa vos dixen, deixovos o traballo que fixemos esta semana na clase.
      - Tedes un PDF cun esquema parecido ao que traballamos, pero un pouquiño máis grande. Anímovos a que o probedes, así será máis sinxelo gravar o próximo día.
      - Por se non recordades os movementos, tedes outro PDF cos xestos que temos que facer. Aínda que parece un xeroglífico despois de tantas veces espero que xa o sepades interpretar. Se tedes algunha dúbida consultádeme no colexio ou no correo raquelgcmusica@gmail.com
      - Por último, e a modo de reto, déixovos un PDF con un dos movementos que como víchedes no vídeo nos faltan para rematar a actividade.
      Ánimo!
    • Aquí tedes o vídeo do grupo Mayumaná para que vexades a actividade que estamos facendo:

    • 23/11/2020

      Ola!

      Con esta actividade imos traballar un pouco a audición. Recordades que fai dúas clases traballamos algúns ritmos sinxelos no encerado (negra, branca, dobre corchea, silencio de negra e silencio de branca)? Hoxe imos a traballar a súa audición, pero vai a ser maís doado, só temos negra, dobre corchea e silencio de negra.

      Na ficha que vos deixo tedes uns ritmos desordenados. Escoitade o audio e ordenádeos. Cando os teñades listos escribídeos no sitio correspondente. Ollo! Fixádevos en facer ben as notas!!

      Podedes escoitar os ritmos a veces que queirades. Utilizade a ficha para practicar, na próxima clase faremos outra moi similar. 

      Un saúdo!

    • https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/game.html

      Entra no xogo, pulsa no icono do ollo e ponte a xogar. 

      Comeza con poucas notas e engade máis segundo vaias conseguindo puntos.

      Sorte!