UNHA CARTA, UN SORRISO
“UNHA CARTA, UN SORRISO”.
Queremos coñecer, sensibilizarnos e participar na nosa realidade. Por iso, respondendo a unha iniciativa solidaria que nos chegou ao cole, imos participar na actividade “Una carta, una sonrisa”.
Trátase de enviar un debuxo, unha manualidade ou unha carta dirixida a un/unha nen@ de “La Palma”, que chegará ao seu colexio, para que cando volvan asistir teñan mensaxes de ánimo de compañeir@s de toda España.
BORRADOR: Realizaremos o “borrador” da nosa carta no caderno de lingua castelá, relixión ou sociais. Para ser lida e corridida no cole. Colgamos a continuación un modelo de carta, no que se indican as partes que deben aparecer.
DEBUXO: Nun folio en branco, realizaremos un debuxo que amose a nosa solidaridade e amor por el@s. O debuxo, para transmitir positividade, debe tentar escapar do dramatismo e presentar moita cor que transmite esperanza. No debuxo, poñeremos o noso NOME, APELIDOS, IDADE, CURSO E COLE.
Posteriormente xa no cole, pasaremos a limpo a carta unha vez corrixidos erros ortográficos ou de redación, e engadirémola xunto co debuxo a un sobre que posteriormente será enviado xunto cos dos demais compañeiros a unha dirección única que se nos indica.
Profe Rubén
