Curso en rede de 10 horas de duración para mellorar as competencias profesionais do profesorado en canto a:

- Manexo da aula virtual (Moodle): actividades e/ou recursos básicos que podemos empregar, foros e outras ferramentas de comunicación, creación e corrección de tarefas e forma de presentar os contidos teóricos.

- Videoconferencias con Webex: aspectos técnicos e pautas de uso.

- Uso do repositorio de contidos do Espazo Abalar.

- Formación na rede a través de Platega.