O curso está relacionado coa Educación Física. Nel trataremos aspectos básicos da asignatura dende as habilidades básicas (desprazamentos, saltos, xiros , lanzamentos e recepcións), as habilidades motrices, as capacidades físicas básicas (forza, velocidade, resistencia e flexibilidade), pasando polos xogos populares, as actividades na natureza e un contacto co predeporte, con exemplos do baloncesto e balonmán como deportes colectivos e o bádminton e o atletismo, como deportes individuais.
O curso vai destinado a todo o alumnado de Educación Primaria, dende 1º a 6º.
As actividades serán adaptadas segundo as caracteríticas do alumnado.
- Manager: Ramón París Lago