Benvid@s á páxina web do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia.
Somos un Centro Público de Educación Infantil e Primaria comprometido cun ensino de calidade, inclusivo e innovador, no que o alumnado constitúe o centro de toda a acción educativa. Traballamos cada día para ofrecer unha educación baseada nos valores do respecto, a convivencia, a igualdade, a participación e o desenvolvemento integral de cada nena e de cada neno.
Un pouco de historia
O noso centro conta cunha traxectoria de máis de cinco décadas ao servizo da educación pública en Xinzo de Limia. Ao longo destes anos, milleiros de alumnos e alumnas formáronse nas súas aulas, convertendo o CEIP Carlos Casares nun referente educativo da comarca. Esta historia, construída grazas ao compromiso do profesorado, das familias e de toda a comunidade educativa, continúa renovándose cada curso coa mesma ilusión e vocación de servizo público.
A nósa contorna
Situado en Xinzo de Limia, capital da comarca da Limia, o noso centro forma parte dun contorno con profundas raíces culturais, naturais e agrícolas. A riqueza patrimonial da comarca, a tradición ligada á antiga Lagoa de Antela, o dinamismo social da vila e a estreita colaboración coas institucións e entidades locais constitúen unha excelente oportunidade para desenvolver unha educación conectada coa realidade máis próxima do noso alumnado.
O noso Proxecto Educativo
No CEIP Carlos Casares entendemos a educación como unha tarefa compartida entre a escola, as familias e a contorna. Apostamos por metodoloxías activas, polo fomento da lectura, pola integración das tecnoloxías dixitais, pola educación en valores e pola participación do alumnado na vida do centro.
A través dos diferentes plans, programas e proxectos educativos procuramos ofrecer unha formación integral que favoreza o desenvolvemento das competencias, a autonomía persoal, o pensamento crítico e a creatividade, preparando ao noso alumnado para afrontar con éxito os retos da sociedade actual.
