Adenda á programacion de 5 curso

Adenda á programacion de 5 curso

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

ADDENDA ÁS PROGRAMACIÓNS
DIDÁCTICAS
Conste polo presente documento, unha addenda a programación
didáctica das diferentes áreas de Educación Primaria, atendendo a Lei
Orgánica 3/ 2020, do 29 de decembro, a cal establece na súa
disposición derradeira garantir o seu calendario de implantación , que
recolle que ao inicio do curso seguinte á entrada en vigor da lei se
implementarán as modificacións introducidas na avaliación e nas
condicións de promoción nas distintas etapas educativas.
1. CONTEXTUALIZACIÓN
Ante a aprobación da Orde do 2 marzo de 2021, polo que se
regula o dereito do alumnado a obxectividade na avaliación
establecese no Art. 3.1 que os centros incorporarán ao proxecto
educativo a concreción dos currículo e farán públicos os
procedementos e criterios xerais de avaliación e promoción que a CCP
e o equipo docente correspondente establezan na correspondente
proposta curricular e nas programacións didácticas. A súa vez cada
equipo docente , informará ao comezo de cada curso, ao alumnado e
as súas respectivas familias
sobre os obxectivos, contidos,
procedementos, instrumentos e criterios de avaliación, e cualificación
das diferentes áreas e materias, así como tamén dos criterios de
promoción.
Mentres que pola Orde do 25 de xaneiro de 2022 actualizaranse
diferentes aspectos da avaliación recollidos por conseguinte nas NOF
do centro, como o concernente á promoción do alumnado.
Por conseguinte polas normativas mencionadas anteriormente
trasládanse as necesidades de adaptar a concreción curricular para
adecualas aos cambios normativos na avaliación e na promoción así
como tamén garantir o dereito do alumnado a que o seu rendemento
se valore consonte criterios de plena obxectividade.
Trala celebración da reunión da CCP o 29 de marzo de 2022,
tomáronse decisións e aprobáronse
estratexias para a
materialización dos cambios por parte do equipo docente ,
procedendo a redacción da seguinte addenda á programación
didáctica, que reflexan as modificacións e as adaptacións necesarias
a realizar tendo en conta a normativa vixente.
2. MODIFICACIÓNS QUE AFECTAN Á AVALIACIÓN:
2.1 Criterios de avaliación:
A avaliación da aprendizaxe do alumnado levarase a cabo
tomando como referentes para a valoración do grao de adquisición
das competencias e do logro dos obxectivos da etapa os criterios de
ADDENDA ÁS PROGRAMACIÓNS
DIDÁCTICAS
avaliación e, de ser o caso, os estándares de aprendizaxe que se
recollen no Decreto 105/2014.
2.1 Criterios de cualificación:
Os criterios de cualificación serán fundamentais para valorar o
grado da adquisición das competencias e os obxectivos da etapa.
Ao longo do curso realizaranse tres avaliacións informando ao
alumnado e ás familias das cualificacións a través das canles
establecidas.
Para proceder á avaliación dos estándares de aprendizaxe das
distintas áreas establécense os seguintes procedementos e
instrumentos de avaliacións . Os distintos estándares repartiranse en
unidades didácticas en cada un dos trimestres.
Ao final do trimestre teranse en conta as distintas probas
escritas e outros procedementos de avaliación aplicados, tendo en
conta os seguintes criterios de cualificación.
5o Educación Primaria
Áreas de Lingua Galega e Lingua Castelá:
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Observación sistemática. PORCENTAXES
                         10%
Análise de producións. 20%
Intercambios orais co alumnado. 10%
Probas específicas. 60%
Área de Matemáticas:
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Observación sistemática. PORCENTAXES
                         10%
Análise de producións. 20%
Intercambios orais co alumnado. 10%
ADDENDA ÁS PROGRAMACIÓNS
DIDÁCTICAS
Probas específicas.
60%
Área de CCSS/ CCNN:
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Observación sistemática. PORCENTAXES
                         10%
Análise de producións. 20%
Intercambios orais co alumnado. 10%
Probas específicas. 60%
Educación Artística- Música:
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Observación sistemática. PORCENTAXES
                         25%
Análise de producións. 10%
Intercambios orais co alumnado. 25%
Probas específicas. 40%
Educación Artística- Plástica e visual:
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Observación sistemática. PORCENTAXES
                         10%
Análise de producións. 70%
Intercambios orais co alumnado. 10%
Probas específicas. 10%
ADDENDA ÁS PROGRAMACIÓNS
DIDÁCTICAS
Educación Física:
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Observación sistemática. PORCENTAXES
                         40%
Análise de producións. 10%
Intercambios orais co alumnado. 10%
Probas específicas. 40%
Inglés:
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Observación sistemática. PORCENTAXES
                         10%
Análise de producións. 10%
Intercambios orais co alumnado. 10%
Probas específicas. 70%
Relixión católica:
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Observación sistemática. PORCENTAXES
                         30%
Análise de producións. 30%
Intercambios orais co alumnado. 30%
Probas específicas. 10%
ADDENDA ÁS PROGRAMACIÓNS
DIDÁCTICAS
Relixión Evanxélica:
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
PORCENTAXeS
Observación sistemática.
Análise de producións.
Intercambios orais co alumnado.
Probas específicas.
Educación en Valores:
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Observación sistemática. PORCENTAXES
                         10%
Análise de producións. 50%
Intercambios orais co alumnado. 10%
Probas específicas. 30%
Ao final de curso emitiranse unha cualificación das competencia
clave tendo en conta a contribución de cada unha das áreas.
3. CRITERIOS DE PROMOCIÓN:
Atendendo ao artigo 6 da Orde do 25 xaneiro, o alumnado que
curse 1o, 3o ou 5o de Educación Primaria promocionará de
forma automática.
O equipo docente adoptará as decisións correspondentes sobre a
promoción do alumnado de 2o, 4o e 6o de Educación Primaria,
seguindo as seguintes premisas con carácter xeral:
● Para avaliar cada unha das diferentes áreas aplicaranse os
criterios de avaliación establecidos nas programacións
didácticas e se valorará o grao de adquisición das competencias
correspondentes.
ADDENDA ÁS PROGRAMACIÓNS
DIDÁCTICAS
● Cando se aprecien no alumnado dificultades de aprendizaxe con
algunha materia avaliada negativamente, o titor/a ou o
profesor/a que imparte clase nesa materia, adoptará as
medidas educativas necesarias que axuden ao alumno/a a
acadar os obxectivos programados.
● O alumnado con avaliación positiva en toda as áreas
promocionará automáticamente ao curso ou etapa seguinte.
● Na avaliación do alumnado con adaptación curricular teranse en
conta os referentes incluidos en dita adaptación, sen que isto
poida impedirlle a promoción ao curso ou etapa seguinte.
● A aplicación dos criterios de promoción será flexible, xa que
ademais de ter en conta o grao de adquisición das
competencias e consecución dos estándares de aprendizaxe
valoraremos:
⇒ A madurez do alumno, é decir, o desenvolvemento
alcanzado polo alumno que necesita para continuar con
aproveitamento o seu proceso de ensinanza no curso ou
etapa seguinte.
⇒ As características, posibilidades e intereses dos alumnos
en relación co que se considera a mellor opción para que
poida acadar as finalidades da etapa.
⇒ A conveniencia ou non da separación do alumno/a do
grupo no que se atopa coas repercusións negativas ou
positivas que esta medida poida ocasionar segundo a súa
integración no grupo, os seus intereses...
⇒ O equipo docente terá tamén en conta que se dean as
seguintes circunstancias segundo o cadro de grupos de
materias.
Establécense dous grupos de materias:
Grupo A
Grupo B
Lingua Galega
Educación Física
Lingua Castelá
Educación Artística (Plástica e
Lingua Inglesa
Música)
Matemáticas
Relixión (Católica ou Evanxélica)
Ciencias da Natureza
Valores
Ciencias Sociais
» Dúas materias do grupo A, excepto no caso de que estas dúas
sexan Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, que computarían
como unha a efectos de promoción.
» Alumnado que non supere unha materia do grupo A e dúas do
grupo B.
» Alumnado que non supere ningunha materia do grupo B.
ADDENDA ÁS PROGRAMACIÓNS
DIDÁCTICAS
Do mesmo xeito terase en conta a Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de
Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do
2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade
na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións
obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que
corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria
Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.
4. PUBLICACIÓN:
Procedemento de publicación da modificación das
programacións didácticas:
DATA DE INFORMACIÓN ÁS DATA DE PUBLICACIÓN NA AULA
  FAMILIAS A TRAVÉS DE VIRTUAL
   AbalarMobil
22 DE ABRIL DE 2022 22 DE ABRIL DE 2022