O proxecto “Percorrendo o mundo” nace coa intención de achegar ao noso alumnado a unha viaxe simbólica arredor do planeta, descubrindo culturas, costumes, linguas e formas de vida diferentes. A través desta aventura educativa, os nenos e nenas converteranse en pequenos viaxeiros que, coa axuda do profesorado, explorarán distintos países e continentes, coñecendo a súa riqueza cultural, xeográfica e humana.