24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Section outline
-
Destacado
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS
Desde 1997 celébrase o 24 de outubro o Día das Bibliotecas.
"A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia".A nosa Biblioteca quérese sumar a este lema e seguir ofertando servizos aínda que a realidade que nos toque vivir sexa moi complexa. Para isto sacamos a biblioteca dos límites do seu edificio e creamos esta Biblioteca virtual, coa que poderedes acceder a unha variada serie de recursos.
Por suposto, a Biblioteca é un servizo vivo para toda a comunidade educativa, polo que o Equipo de Biblioteca do CEIP A Solaina, está a redeseñar o espazo físico da mesma, para que en moi pouco tempo poidamos disfrutar de vivencias únicas nela e coas medidas hixénico-sanitarias que son necesarias adoptar. Abriremos moi pronto.Feliz día e boas lecturas!
