LETRAS GALEGAS
Section outline
-
LETRAS GALEGAS 2020
O próximo domingo 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano adícaselle este día a un ferrolán: CARVALHO CALERO

Deixámosvos aquí varios enlaces para que poidades coñecer un pouco sobre a vida e a obra deste escritor nacido en Ferrol.
Se pinchades enriba das seguintes imaxes iredes directos a:
- O conto de "As pitas baixo a choiva" en formato vídeo.
- O proxecto educativo cedido pola Editorial Embora (conto para ler, cancións, actividades...).
- A proposta de actividades en liña do Seminario Galán.




Facilitámosvos tamén un enlace á páxina web do
CEIP Plurilingüe Frian -Teis (Vigo).
Elaboraron un Genially onde recollen diversas actividades para todos os niveis.
Nel poderedes atopar vídeos, xogo de dardos, LIM, fichas interactivas, escape room e moito máis.
Animádeos!!
No CEIP Eladia Mariño de Cabañas tamén fixeron
un Genially moi interesante e con xogos moi variados:
encrucillado das Letras Galegas, o reto de aprender a bailar a nosa muiñeira,
adiviñas, xogo con fotos de lugares de Galicia.....
Botádelle un ollo. MERECE A PENA!!!!

