Pescudamos como clasificar aos animais
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | ART3º EP |
| Libro: | Pescudamos como clasificar aos animais |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | luns, 19 de xaneiro de 2026, 12:17 AM |
1. Clasificamos os animais

Prepárate para comezar!
Podemos clasificar os animais de moitas maneiras: en función de como nacen, de como de alimentan, de onde viven, de como é o seu esqueleto...
2. Segundo o tipo de reprodución

Polo modo de reproducirse, os animais podémolos clasificar en ovíparos e vivíparos.
2.1. Ovíparos

A ver se es quen de localizar o nome de 8 animais ovíparos na sopa de letras!!
Equipo de creación deste curso. Animais ovíparos. CC BY-NC-SA

REDACTAMOS: Recolle os nomes dos oito animais ovíparos da sopa de letras anterior e elabora unha frase no teu caderno de clase con eles. Podes decorar a frase con algunha imaxe.
2.2. Vivíparos

Fíxate ben!! e serás quen de localizar a todos os animais vivíparos da seguinte imaxe.
Equipo de creación deste curso. Animais vivíparos. CC BY-NC-SA
CREAMOS: Recolle os nomes dos animais que aparecen na imaxe anterior e busca outros para completar o acróstico coa palabra VIVÍPAROS que podrás descargar premendo na seguinte imaxe:
2.3. Traballamos no portfolio

Deberás realizar a tarefa que se indica no cadro amarelo e unha vez rematada achegala ao teu caderno.
Ánimo e adiante!
CLASIFICAMOS: Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo a forma de reproducirse e completa as imaxes facilitadas nas fichas de traballo. Unha vez rematadas, recorta e pega o traballo no teu caderno.
3. Segundo o tipo de alimentación
Pola modo de alimentarse, os animais pódense clasificar en herbívoros, carnívoros e omnívoros.

Equipo de creación deste curso. Animais segundo o tipo de limentación. CC BY-NC-SA
3.1. Herbívoros

Na seguinte presentación atoparás algúns exemplos.
Equipo de creación deste curso. Animais herbívoros. CC BY-NC-SA


PESCUDAMOS: Busca en revistas imaxes de animais herbívoros e recórtaas. Escribe sobre cada imaxe o nome do animal cunha cor que destaque.
Unha vez que remates, garda todas as imaxes na carpeta de clase para elaborar un collage cando saibamos todo sobre como se alimentan os animais.
3.2. Carnívoros

Na seguinte presentación atoparás algúns exemplos, ten coidado de que non te coman.
Equipo de creación deste curso. Animais carnívoros. CC BY-NC-SA

PESCUDAMOS; Segue buscando en revistas imaxes de animais carnívoros e recórtaas. Escribe sobre cada imaxe o nome do animal cunha cor que destaque.
Unha vez que remates, garda todas as imaxes na carpeta de clase, xunto coas dos herbívoros, para elaborar un collage cando saibamos todo sobre como se alimentan os animais.
3.3. Omnívoros

Aquí atoparás algúns exemplos.
Coñeces algún máis?
Equipo de creación deste curso. Animais omnívoros. CC BY-NC-SA

PESCUDAMOS: Para rematar, busca imaxes de animais omnívoros e recórtaas. Escribe sobre cada imaxe o nome do animal cunha cor que destaque.
Unha vez que remates, garda todas as imaxes carpeta de clase, xunto coas imaxes anteriores, para elaborar un collage sobre como se alimentan os animais.
3.4. Traballamos no portfolio

Deberás realizar as dúas tarefas que che indico a continuación.
Ánimo e adiante!

CREAMOS UN COLLAGE. Imos montar un collage en grupos de tres persoas:
Primeiro clasificaremos as imaxes dos animais segundo o seu tipo de alimentación.
Segundo, deseñaremos nunha cartolina o formato que lle imos dar ao collage: Título e tipos de animais segundo a súa alimentación.
Por último, colocaremos as nosas imaxes no cartaz e iremos pegándoas.
E para rematar, sede creativos e decorade o collage segundo máis vos guste.

MANS Á OBRA. Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo a forma de alimentarse e completa as imaxes facilitadas nas fichas de traballo. Unha vez rematadas, recorta e pega o traballo no teu caderno.
4. Segundo o seu hábitat

O hábitat é o lugar onde viven os animais. Nel atoparán comida, protección, relacionaranse e incluso se reproducirán.
Os animais adáptanse a vivir nos seus hábitats.
Os hábitats poden ser de dous tipos: terrestres ou acuáticos
4.1. Acuáticos

Comproba na seguinte presentación como se adaptan á auga nos hábitats acuáticos.

DEBATIMOS. Que pasaría se os animais non se adaptaran ao lugar e ao medio onde viven.
4.2. Terrestres

Na seguinte presentación descubrirás algunhas das adaptacións dos animais a estes hábitats.
Ánimo e adiante!
DEBATEMOS Que pasaría se trasladamos un animal a un hábitat diferente ao seu. Imos anotar todas as suxerencias que fagades na pizarra de clase. Unha vez rematado, seleccionamos as mellores ideas e .anotámolas no caderno de clase.
4.3. Traballamos no portfolio

Deberás realizar a tarefa que che indico a continuación.
A pescudar!!
INVESTIGAMOS. Imos a pescudar información sobre outras adaptacións dos animais ao medio onde viven. Podes pescudar en internet ou buscar a información coa axuda da túa familia. Aquelas adaptacións que che resulten máis curiosas, anótaas na ficha que che facilitamos para poder comentalas en clase.
Despois de expoñer en clase os resultados das vosas investigacións, completa a túa ficha e pégaa no teu caderno..

MANS Á OBRA. Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo a forma de alimentarse e completa as imaxes facilitadas nas fichas de traballo. Unha vez rematadas, recorta e pega o traballo no teu caderno.
5. Segundo o seu esqueleto

Por útimo, imos facer unha clasificación dos animais, segundo teñan esqueleto ou non.
Os animais vertebrados son os que teñen un esqueleto no interior do corpo.
Se carecen de esqueleto no interior do corpo dicimos que son animais invertebrados.

5.1. Vertebrados

A pescudar!!
5.2. Invertebrados
assss
5.3. Traballamos no portfolio

A investigar!!
INVESTIGAMOS. Imos a pescudar información sobre outras adaptacións dos animais ao medio onde viven. Podes pescudar en internet ou buscar a información coa axuda da túa familia. Aquelas adaptacións que che resulten máis curiosas, anótaas na ficha que che facilitamos para poder comentalas en clase.
Despois de expoñer en clase os resultados das vosas investigacións, completa a túa ficha e pégaa no teu caderno..

MANS Á OBRA. Recopila a información que traballaches sobre a clasificación dos animais segundo teñan ou non esqueleto e completa as imaxes facilitadas nas fichas de traballo. Unha vez rematadas, recorta e pega o traballo no teu caderno.









