O Concello de Vilagarcía de Arousa ven de convocar un ano máis as Axudas á escolarización, co obxectivo de apoiar economicamente ás familias de alumnado de Educación Infantil.
A contía da axuda é de 70 € e está destinada a todo o alumnado de Educación Infantil (0 a 6 anos), etapa educativa non obrigatoria.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá 24 de setembro ao 16 de outubro de 2026.
As bases completas poden consultarse na web do Concello e nos taboleiros oficiais ou nos documentos que deixamos a contincuación. A continucación tamén poderedes consultar os anexos coa solicitude.
Animamos a todas as familias interesadas a presentar a súa solicitude.