Achegamos información que nos facilitan dende a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía de Arousa, en colaboración con FAGAMOS, Asociación de Familias Monomarentais de Galicia, queremos convidarvos a difundir un encontro pensado especialmente para familias monomarentais:
ENCONTRO DE FAMILIAS MONOMARENTAIS
Será un espazo para coñecer os recursos dispoñibles e o marco normativo para as familias monomarentais en Galicia, resolver dúbidas e compartir información de interese.
Para facilitar a asistencia das familias, contaremos:
Servizo de ludoteca para as crianzas
Merenda gratuita para todas as familias asistentes
Venres, 11 de setembro
De 17:30 a 20:00 h
Sala de Conferencias do Audiorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
É necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario:
Máis información no teléfono de FAGAMOS: 633817849
