A semana pasada despedimos a Jesse, a nosa auxiliar de conversa durante este curso escolar. Foi un verdadeiro pracer contar coa súa presenza e colaboración ao longo destes meses, contribuíndo ao enriquecemento lingüístico e cultural do noso alumnado. O alumnado despediuse dela con moito agarimo.
Desde o centro queremos agradecerlle o seu traballo e desexarlle moita sorte e éxitos nos seus futuros proxectos.
Moitas grazas por todo, Jesse!








