O noso centro recauda 905€ para a asociación Unoentrecienmil.
O alumnado do centro participou recentemente nunha carreira solidaria organizada coa finalidade de colaborar coa asociación Unoentrecienmil, entidade que traballa para impulsar a investigación da leucemia infantil.
Grazas á implicación de toda a comunidade educativa, conseguiuse recadar un total de 905 euros, que serán destinados a apoiar os proxectos e iniciativas desta asociación.
Desde o centro queremos agradecer a participación, colaboración e solidariedade de todas as persoas que fixeron posible esta actividade.
❤️ Moitas grazas a todos e todas por aportar o voso gran de area!
A continuación deixamos algunhas das imaxes da xornada:









