O Concello de Vilagarcía de Arousa acaba de publicar as bases reguladoras ao NATURARTE verán 2026, dirixido aos nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2019. A inscrición para parcticipar no campamento abre este mércores 13 de maio e reamata o vindeiro día 21 de maio. O campamento desenvolverase nas instalacións da Escola Municipal de Música Bernardo del Río.
As familias interesadas deberán presentar a Ficha de inscrición, Ficha de Martícula e Autorizacións, que se facilitarán no Departamento de Xuventude, Servizos Sociais e na páxina web do Concello e na sede electrónica: sede.vilagarcia.gal