¿Coñecedes Frida Kahlo? Vamos aprender un pouco da súa historia.

Na súa infancia tivo que pasar moito tempo en hospitais e non tivo a oportunidade de facer moitos amigos o que quedou plasmado nos seus cadros.

Con 15 anos empezou a estudar na Escola Nacional Preparatoria e Frida foi unha das primeiras rapazas en ser admitida, xa que era unha escola que non admitía nenas.

Cando tiña 18 anos tivo un accidente de tráfico que fixo que pasara moito tempo no hospital é aí foi cando comezou a pintar.

A súa fama foi espallándose, especialmente en EEUU onde participou en importantes exposicións en New york, Boston e Filadelfia.

Frida foi unha muller moi independente para a súa época, algo pouco común porque neses tempos non se lles permitía ser así ás mulleres.

.

.

.

A Casa Azul de Frida Kahlo

A Casa Azul foi a casa na que naceu e viviu Frida. Seus pais construirona e aparece en varios cadros pintados por Frida. Cuando morreu a casa converteuse nun museo da súa vida, e dende entón recibe visitas de turistas de todo o mundo interesados na apaixonante historia de Frida.

A actividade de Arts desta semana consistirá en recrear a casa de Frida a través do Origami.

MATERIAIS/MATERIALS:

- Blue paper/papel azul ou podemos pintalo se non o temos.

- Scissors/tesoiras.

- Glue/pegamento.

- Colours/Cores.

Para elaborar a casa de Frida visionaremos o paso a paso de como facer unha casa neste vídeo:

https://www.youtube.com/watch?time_continue=2&v=2MQv9dUDYiw&feature=emb_title

Despois de elaborarla, decorarémola con pinturas ou recortes de revistais ou xornais.

Última modificación: martes, 19 de maio de 2020, 3:08 PM