TEMAS A TRATAR:

2. O foro

O foro é unha das actividades fundamentais de participación e comunicación dentro do curso. Actívalles aos participantes a posibilidade de teren discusións, axudarse e colaborar entre os participantes do curso.

Hai varios tipos de foros:

  • Foro estándar onde calquera pode comezar unha discusión nova en calquera momento;
  • Foro onde cada alumno pode comentar exactamente unha discusión.
  • Foro de pregunta e resposta onde os alumnos teñen primeiro que facer un comentario antes de seren quen de veren os comentarios doutros alumnos.

Opcións de configuración do foro:

  • Un profesor pode permitir anexar ficheiros a comentarios do foro.
  • Os participantes poden  recibir notificacións de novos comentarios no foro.
  • Un profesor pode estabelecer o modo de subscrición como: opcional, forzado ou automático ou prohibir a subscrición completamente.
  • Pódese limitar o número de comentarios.
  • Os comentarios de foro poden ser avaliados por profesores ou alumnos (avaliación por pares).
  • Os resultados da avaliación poden ser engadidos no libro de cualificacións.

Os foros teñen moitos usos, como

  • Un espazo social para alumnos para saber os uns dos outros
  • Para anuncios de curso (utilizando un foro de novas con subscrición forzada)
  • Para discutir contido de curso ou materiais de lectura
  • Para continuar en liña un asunto xurdido anteriormente nunha sesión presencial
  • Para discusión de só profesores (utilizando un foro agochado)
  • De axuda onde titores e alumnos poden dar consello
  • Apoio directo personalizada para comunicacións privadas entre profesores e alumnos (utilizando un foro con grupos separados e cun alumno por grupo)
  • Para actividades de ampliación, para ponderación de estudantes e suxestión de solucións.

Para engadir un foro:

Completamos todas as opcións de: Tipo de foro, Cualificación do foro, etc.