Temas a tratar
7. Engadir actividades e recursos
7.4. Páxina
Páxina
O módulo «páxina» permítelle ao profesor crear unha páxina web empregando o editor de texto. Nunha páxina pódese amosar texto, imaxes, son, vídeo, ligazóns da Internet e código incrustado (como os mapas de Google).
As vantaxes de empregar o módulo páxina, en troques do módulo ficheiro inclúen que o recurso será máis accesíbel (por exemplo, para os usuarios de dispositivos móbiles como tabletas e teléfonos intelixentes), e máis doados de actualizar.
Para grandes contidos, recomendase empregar o módulo libro en troques do módulo páxina.
Unha páxina pode empregarse
- Para presentar os termos e condicións dun curso do programa de estudos
- Para incluír varios vídeos ou ficheiros de son xunto cun texto explicativo