Como inserir SÓ un vídeo de youtube sen publicidade nin outros vídeos
Requisitos do completado
Cando enlazamos un vídeo de youtube aparécennos en pantalla suxerencias para visualizar outros vídeos.
Como evitalo?
1,. Buscamos o vídeo que nos interesa
2.-Copiamos o enderezo do vídeo que aparece na propia páxina. O enderezo ten que ter esta estrutura:
https://www.youtube.com/watch?v=kzseh_miuDw
3.- Imos a Moodle e creamos un enlace URL (engadir un recurso)
4.- Pegamos o enderezo copiado na casilla correspondente.
5.- Substituímos o que aparece en vermello e escribimos no seu lugar embeb/ (fíxate na barra final!)
Quedaría así:
https://www.youtube.com/embed/kzseh_miuDw
E listo!!Como inserir SÓ un vídeo de youtube sen publicidade nin outros vídeos
Última modificación: mércores, 18 de novembro de 2020, 5:58 PM