A Restauración comezou no reinado de Afonso XII en 1874. Chámase así porque é a volta á monarquía despois da primeira República.
Na Restauración (para evitar as pelexas de anos anteriores) instalouse unha forma de goberno que consistía en alternar o partido conservador (dirixido por Antonio Cánovas del Castillo) e o liberal (dirixido por Práxedes Mateo Sagasta).
Na Restauración, morreu Afonso XII (no ano 1885) e o seu fillo Afonso XIII subiu ao trono, pero como era menor de idade a súa nai María Cristina gobernou no seu nome.
Ademais durante a Restauración España perdeu as súas últimas colonias: Cuba, Porto Rico e Filipinas.