POWER POINT: 

Quizais a forma máis sinxela de crear un vídeo con imaxes e/ou textos sexa a través do programa Power Point, do paquete Oficce de Microsoft, dada a experiencia que temos no uso deste programa. O procedemento consiste en realizar unha presentación de diapositivas, tal e como estamos acostumados a fecer, coas imaxes, textos, transicións e música que queiramos elixir. Unha vez que temos a presentación basta con ir a "Exportar" e escoller a opción "Crear un video"; na ventana que se abre escollemos a calidade que desexemos e o tempo de transición entre diapositivas e pulsamos en "Crear vídeo". Na ventana de gardar que aparece dámoslle un nome, escollemos o formato (mp4 ou windows media) e pulsamos en gardar.

No seguinte video podemos ver o procedemento completo: 



Última modificación: xoves, 7 de xaneiro de 2021, 1:28 AM