Section outline

    • ADANA é unha fundación que nace en 1997 coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas con TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade). Creada para informar, formar e axudar a todos os que estean interesados neste trastorno, pretende desenvolver todos os medios posibles para reducir os efectos negativos que o TDAH provoca en nenos, novos e adultos, para que estes se integren felizmente na súa vida diaria. Tras 20 anos de traballo, a misión da fundación encamiñouse a reducir o fracaso escolar e a exclusión social dos afectados por TDAH, trastornos da conduta, trastornos da aprendizaxe e outros trastornos do neurodesarrollo.

    • TDAHYTU é unha web con contidos sobre o Tratorno de Deficit de Atención e  Hiperactiviade, propiedade de Tadeka Farmacéutica España. Nela pódense atopar diferentes artigos sobre o trastorno, referidos a sintomatoloxía, diagnóstico e tipos de tratamento. Conta tamén con un blogue sobre a mesma temática: Blog sobre TDAH: información proporcionada por expertos (tdahytu.es)

    • ADAHPO nace como asociación de pais e nais con descendentes con TDAH. O seu obxectivo é "ofrecer ás persoas afectadas de TDAH atención específica e multidisciplinar, axudando á súa plena inclusión social e proporcionando apoio e asesoramento específico tanto a eles e elas como ás súas familias". Ten sede en Pontevedra e en Ourense. Especialmente interesante parece o apartado que trata sobre os tipos de intervención e o que recolle recursos (guias, contos, ...)

    • Esta web da FEAADAH, fundada en 2002, destaca pola amplia información que ofrece sobre o TDAH: causas, diagnóstico, trastornos asociados, tratamentos, datos, mitos, etc. Conta con un blogue que recolle tamén unha boa cantidade de artigos interesantes.

    • Neste artigo, de Pedernal, Educación y Tecnología, Adrián (2015) recolle unha serie de webs con xogos e actividades, así coma algunhas APPS, indicadas para traballar con alumnado con TDAH.