GUIAS PARA A INTERVENCIÓN EDUCATIVA DE ALUMNADO CON TDAH
Section outline
-
-
Publicación da Xunta de Galicia que recolle as principais manifestacións do TDAH e, sobre todo, as actuacións que deben poñer en marcha os servizos educativos e os servizos sanitarios na intervención co alumnado co mencionado trastorno.
-
Interesante presentación de 60 medidas imprescindibles, expresadas de forma breve e sinxela, para tratar na aula ao alumnado con TDAH.
-
Guía que diferencia o TDAH en primaria e secundaria. No que respecta a primaria apunta síntomas, pautas para intervir e exercicios prácticos para cada unha das dimensións do trastorno: atención, impulsividade e hiperactividade.
-
Documento elaborado por un grupo de expertos que recolle criterios e síntomas para o diagnóstico do TDAH, tratamento farmacolóxico e orientacións para familias e centros educativos. Máis orientado a adolescentes.
-
Interesantísimo documento de Javier Royo Moya e Carlos Ollo Oscariz que empeza dao descripción de síntomas e criterios para o diagnóstico, tratamento farmacolóxico e algúns mitos sobre este trastorno, para logo centrarse na súa intervención no contexto escolar, onde detacan especialmente nun longo listado de estratexias a disposición do profesorado para a atención do alumnado con TDAH.
-
Describe as características do TDAH, os trastornos asociados e algunhas estratexias para o seu tratamento na escola nas diferentes áreas (matemáticas, lectura, escritura....). Quizais o máis chamativo sexa u capítulo que lle dedica ás funcións executivas.
-
Guia de interese centrada no ámbito educativo. Contén os procedementos a seguir ante sospeitas de TDAH, e estratexias e medidas para desenvolver no centro e na aula.
-
Completa e interesante guía na que destacan as mainfestacións dos TDAH no ambiente escolar e, sobre todo, as pautas de actuación diferenciadas por ámbitos (cognitivo, emocional, social...) e por niveis educativos (primaria, secundaria...). Ben organizada.
-
Guia sobre o tratamento educativo do TDAH: características e pautas de actuación diferenciadas por etapas educativas (primaria e secundaria). Non é das máis completas.
-
Guia breve que trata o que pode facer o profesorado na detección de alumnos con TDAH, na modificación do contorno educativo, pero sobre todo no seu estilo e forma de atención para este tipo de alumnado poida mellorar. Interesante.
-
Guia bastante concisa que recolle os síntomas do TDAH, as necesidades educativas que se asocian ao mesmo nos diferentes ámbitos (cognitivo, emocional, curricular) e especialmente as estratexias de intervención nas diferentes áreas: atención-concentración, motivación, conduta, autoestima e dificultades de aprendizaxe.
-
Protocolo de actuación dende o punto de vista educativo. Tras un capítulo de documentación sobre o TDAH (síntomas, tipos e gtratamentos), describe o procedemento a seguir para a detección e valoración e presenta pautas de actuación a desenvolver no centro, na aula e nas familias.
-
Guía bastante breve que diferencia os tipos de tratamento (farmacolóxico, psicolóxico, psicopedagóxico) e destaca na aportación de estratexias psicolóxicas para desenvolver co neno, nas aulas e na familia (quizais estas últimas sexan as de maior interese).
-
Documento dirixido especialmente a secundaria. Moi interesante, porque se centra esclusivamente en estratexias a seguir na aula para tratar cada un dos déficits observados neste grupo de alumnos (atención, impulsividade, autocontrol, conduta, frustración, problemas de organización. Nunha segunda aporta medidas para traballar especificamente as áreas lingüísticas e as do ámbito científico.
-
Desta publicación destacan orientacións para a atención do neno na escola, con pautas similares ás recollidas pola maioría das guías.
-
Publicación ben presentada que destaca as medidas que se deben levar a cabo a nivel de centro e de aula para unha mellor atención do alumnado con TDHA. Incide especialmente na comprensión e actitude cara este grupo de lumnos.
-
O documento presenta, fundamentalmente, os pasos a dar para un diagnóstico de TDAH e unha serie de pautas para o profesorado que debe atendelos, e que van na mesma línea da maioría das guías seleccionadas.
-