Section outline

  • Benvidos/as á nosa AULA VIRTUAL DA BIBLIOTECA 

    Ao longo deste curso iremos compartindo neste espazo todas as actividades, propostas e novidades da nosa biblioteca escolar. Aquí poderedes atopar fotografías, vídeos, creacións do alumnado e moito máis.

    Este ano poñemos rumbo ás estrelas coa aventura do proxecto interdisciplinar “Agronautas en órbita”, no que exploraremos o universo, a ciencia, a lectura e a imaxinación.
    Preparade os vosos traxes espaciais… porque a misión xa comezou!