Dende o 1 ao 20 de marzo podedes solicitar plaza na nosa escola para o próximo curso 2026-2027.
Durante ese prazo tedes que presentar a solicitude se:
É a primeira vez que o voso fillo ou filla entra no sistema educativo (por exemplo, Infantil).-
Queredes cambiar o centro escolar do alumnado nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato, sempre que haxa prazas dispoñibles.
Podedes presentar a solicitude preferentemente por vía telemática a través da aplicación “admisionalumnado” na web da Xunta (sede electrónica), ou de xeito presencial no noso centro.
