Durante o primeiro trimestre, o noso alumnado participou nunha actividade creativa proposta polo Equipo de TRIC a través dos materiais recibidos de Polos Creativos, o “Desafío KAPLA”. Nesta ocasión, o alumnado traballou coas pezas co obxectivo de elaborar construcións libres en equipo.
Cada aula puxo en marcha a súa imaxinación, cooperación e capacidade de organización para crear unha esculura propia, empregando estas pezas de madeira. A actividade permitiu fomentar a creatividade, a coordinación, a resolución de problemas e, sobre todo, o traballo colaborativo entre compañeiros e compañeiras.
O resultado foi unha exposición chea de ideas orixinais, esforzo compartido e moita ilusión. Todas as creacións destacaron pola súa personalidade e polo compromiso demostrado durante o proceso de elaboración.
Queremos felicitar a todo o alumnado e profesorado participante pola implicación e entusiasmo mostrados nesta experiencia tan enriquecedora.
Aquí deixamos unha mostra desas obras de arte dos nosos grandes artístas!