Este módulo profesional é de soporte, polo que dá resposta á necesidade de proporcionar unha axeitada base teórica e práctica para a comprensión e a aplicación de técnicas básicas de produción de plantas e produtos forestais.
A produción de plantas e produtos forestais abrangue aspectos como:
– Caracterización do clima.
– Identificación de solos.
– Operacións topográficas.
– Determinación das necesidades hídricas das plantas.
– Identificación do medio.
– Descrición dos fertilizantes.
As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na produción de plantas e produtos agrícolas, forestais e de xardinaría.
- Teacher: Santiago Vázquez Abal