Obxectivos:
Coñecer que é unha impresora 3D
Coñecer distintos programas de deseño e programas de manexo dunha impresora 3D
Imprimir unha peza na impresora 3D
Descrición:
Os participantes no obradoiro realizarán todo o proceso que leva consigo imprimir unha peza ou figura, desde o seu deseño, laminado e impresión.
Impartido por:
Marcos Febrero: Profesor de Fabricación mecánica. Leva moitos anos metido no campo das impresoras 3D, sendo un dos pioneiros en construír a súa propia, alá polo ano 2009. Defínese como un apaixonado das impresoras 3D.