Obxectivos:
Amosar as posibilidades metodolóxicas e iniciar aos asistentes no uso da aplicación web Mahara de portafolios dixital na plataforma Agueiro que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia poñen a disposición do profesorado e centros educativos.
Descrición:
Tras unha breve introdución e unha exposición de exemplos metodolóxicos do portafolios dixital na aplicación web Mahara, os participantes desenvolverán actividades para familiarizarse coa creación de recursos na plataforma Agueiro e o seu uso na aula.
Impartido por:
Luis Javier Rodríguez González: Profesor de Matemáticas no IES Eusebio da Guarda (A Coruña). Impartiu comunicacións sobre portafolios nas xornadas escolaTIC2015 (“Portafolios dixital en secundaria: e-portfolio de estatística matemática” e sobre “A utilización do portafolios dixital na aula. Introdución ao Mahara” en distintas actividades dentro do proxecto europeo Eu-folio (2015) e Mahara for ATS2020 (Assessing Transversal Skills) no 2016.