Resolución de problemas con robots educativos: Escornabots

Resolución de problemas e robótica

Obxectivos:
Coñecer o proxecto Escornabot, a filosofia do proxecto dentro das comunidades Open Source e as posibilidades de montaxe de Escornabots.
Iniciarse no emprego destes robots como recurso educativo de aula en infantil e primeiros ciclos de primaria.
Descubrir as habilidades cognitivas e sociais nas que podemos incidir coa resolución de problemas a través desta ferramenta.
Ver as posibilidades metodolóxicas.
Achegarse ao deseño de actividades e retos.

Descrición:
Este obradoiro, especialmente centrado na educación infatil e primeiros cursos de primaria, tenta achegar ao profesorado as posibilidades educativas do uso de robots programables.
Ofreceranse propostas metodolóxicas e pautas para o deseño de actividades e problemas tendo como referencia capacidades e contidos que o alumnado pode desenvolver.
Os robots cos que traballaremos nesta xornada son os Escornabot, un dispositivo xurdido dun proxecto maker creado con tecnoloxías abertas que convida a partipar e facer por ti mesmo e cos demais.

Impartido por Noa Caamaño, mestra de educación infantil, psicopedagoga e bailarina, postgraduada en cooperación internacional e xestión de ONGD, con ampla traxectoria como membro activo de diferentes organizacións sociais e asembleísta e colaboradora no Proxecto Escornabot.
Cu inquedo que trata de dar visibilidade na escola ás emocións, aos conflitos resoltos con solucións positivas, á creatividade, á lingua e ao pensamento, aproveitando ideas e recursos de diferentes ámbitos e procedencias.

volver aos obradoiros