Obxectivo:
Deseño e posta en práctica dunha proposta de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP).
Experimentar a ABP usando dispositivos móbiles.
Descubrir diferentes apps que poden facilitar a práctica da ABP.
Utilizar apps para o desenvolvemento de proxectos.
Crear os produtos do proxecto.
Avaliar a experiencia e a práctica.
Descrición:
Neste obradoiro partiremos dunha proposta de traballo baseada en metodoloxías activas para ir desenvolvendo diferentes proxectos.
Ao longo do taller, descubriremos e utilizaremos apps para dispositivos móbiles que fan transparente e potencian o proceso de traballo con esta metodoloxía e realizaremos unha avaliación final tanto do produto deseñado como do propio proceso de aprendizaxe.
En definitiva, viviremos unha experiencia memorable que nos achegue e introduza no mundo da ABP co uso de dispositivos móbiles.
Impartido por Diego García, mestre de Educación Musical e Primaria, actualmente titor de 6º de Primaria e Xefe de Estudos no CEIP Federico García Lorca de Güevéjar en Granada. Asesor de formación durante 4 anos no CEP de Granada. Foi un dos creadores do proxecto Edutablets e convencido e practicante do traballo por proxectos, como se pode ver no blog unblogfantasticoenguevejar.blogspot.com, por exemplo con AlhambraMágica.
volver aos obradoiros