Narrativa dixital: o webdoc

Transmedia e traballo por proxectos

Obxectivo:
Coñecer, analizar e experimentar con formatos propios da comunicación web para o desenvolvemento de actividades e contidos didácticos.

Descrición:
Este obradoiro é unha aproximación ás novas formas de contar historias e de comunicar mensaxes: a narrativa transmedia. Achegarémonos ao webdoc como formato para desenvolver proxectos colaborativos e multimedia na Educación Primaria. Ao mesmo tempo, esta metodoloxía basea o seu traballo no desenvolvemento de habilidades relacionadas coas narrativas web, como a competencia mediática, o pensamento visual (Visual Thinking) ou a comunicación creativa.
Neste obradoiro traballaremos nun documental interactivo básico a partir da busca e creación de contidos multimedia, entre os que faremos uso de podcasts, cómics, imaxes… O obxectivo final é elaborar un produto que sirva como material didático, actividade de aula e visibilización do traballo educativo.

Impartido por María Lobo, licenciada en Xornalismo, especializada en comunicación audiovisual e profesora de comunicación e TIC. Interesada na comunicación como ferramenta de participación e cambio, desde unha perspectiva educativa, colaborativa e responsable.

imaxe orixinal de Wesley Fryer. licencia Creative Commons.

volver aos obradoiros