image_blog

Licenciada de Wikimedia

Lorem Ipsum

Se buscamos na rede o significado que moitos de vós seguro que xa coñecedes e ligades ao deseño de páxina, ao traballo de impresión profesional, incluso a certas aplicacións profesionais, encontraredes que lorem ipsum é:
“o texto que se usa habitualmente en deseño gráfico en demostracións de tipografías ou de borradores de deseño para probar el deseño visual antes de inserir o texto final.
O seu uso nalgúns editores de texto moi coñecidos na actualidade deu ao texto “lorem ipsum" nova popularidade.
O texto en si non ten sentido, aínda que non é completamente aleatorio, senón que deriva dun texto de Cicerón en lingua latina, no que se eliminaron sílabas ou letras a algunhas das palabras.”

Ás veces caemos na educación de facer produtos “lorem ipsum”, valeiros de importancia para o alumnado, produtos que lle chaman máis a atención ao profesorado, de fogos artificiais, de uso inocuo de tecnoloxía, de replicado de dinámicas máis que desfasadas.
Caer no uso de “lorem ipsum” tecnolóxico é moi sinxelo, como di Jordi Adell, a tecnoloxía pode deslumbrarnos, atraernos e levarnos a un punto no que o centro de atención sexa máis o elemento tecnolóxico que o proceso de aprendizaxe. Pero ao mesmo tempo a tecnoloxía é unha necesidade de uso hoxe en día, xa non é un “plus” a utlizar como tampouco o pode ser o ter en conta as intelixencias múltiples ou as dinámicas activas de aprendizaxe.
Esa delgada liña na que debemos traballar nas aulas, utilizando as novas tecnoloxías (e as non tan novas) en contextos positivos afectivos e efectivos. Non é só usar o que está ao noso alcance, é ser proactivos na búsqueda de elementos tecnolóxicos que desafíen as dinámicas establecidas pero que ao mesmo tempo permitan ser utilizadas dentro de contextos de dinámicas activas, escapar do lerm ipsum é darlle a voz na creación, publicación e emisión de produtos creados por eles e para eles…
Nós somos os sherpas do camiño que eles deben percorrer, e nesa viaxe non hai tempo para lorem ipsum.

volver ao blog