image_blog

Licenza CC by Rachel Kramer

Manual do xardineiro. Capítulo 1: O coidado da planta

En primeiro lugar, debes decidirte pola súa ubicación, non todas son de interior; algunhas poden florecer e gañar en colorido cando as sacas fóra do habitáculo. Aínda que determinadas especies son meramente ornamentais, moitas teñen beneficiosas e impresionantes propiedades, curativas incluso. Porén, convén coñecelas e saber utilizalas no momento oportuno para sacarlle o máximo partido a cada unha.
Para que medren e se fagan fortes é preciso atendelas periodicamente. Non adicar un tempo semanal pode resultar moi prexudicial nalgúns casos. Se notas que están secas, murchas ou cheas de po, cóidaas máis e ocúpate delas con maior frecuencia.
En ocasións, entre elas poden aparecer malas herbas, elementos distratores non desexados que convén erradicar e arrancar de raíz, pois botan a perder e diminúen o rendemento do noso plantío.
Daquelas con raíces máis fortes, recomendamos sempre compartir e intercambiar escallos cos que te rodean. Unha vez te inicies e perdas o temor ao seu coidado e cultivo, podes tratar de montar unha pequena plantación combinando diferentes especies e cores, gañando en riqueza e calidade do solo.
Chegará un momento en que dispoñerás de todo un verxel ao teu arredor. Imaxina o alumnado correteando por el...
Espera un momento... de que estamos a falar??

volver ao blog