06 Orientación. ESO. BAC
Índice tema

6.2. Departamentos de orientación.

6.2.3. ROCs e ordes de desenvolvemento.

Art.75. A xefatura do departamento será desempeñada por un profesor de ensino secundario da especialidade de psicoloxía e pedagoxía ou adscrito á dita especialidade.
Art.76. A composición, organización e as competencias do departamento de orientación son as que establece o capítulo VII do título II do Regulamento orgánico dos centros públicos integrados.
Art.77. O establecido nos puntos 55 e 56 destas instruccións será de aplicación ó departamento de orientación. As referencias ás programacións didácticas serán aplicables ó plan de orientación académica e profesional e ó plan de acción titorial, que forma parte de cada un dos proxectos curriculares de etapa e, se é o caso, dos proxectos curriculares de ciclo formativo da formación profesional específica, que constitúen o proxecto curricular do centro

Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento (DOG. 02-09-97). Arts. 53º, 54º.

Art. 53. Formarán parte do departamento de orientación:
a) O xefe de departamento, que será un funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de psicoloxía e pedagoxía.
Ademais, de se-lo caso, desempeñarán o dito cargo os profesores que a través da resolución dos concursos de traslados ocupen unha praza de psicoloxía e pedagoxía, aínda que non posúan a especialidade ou un funcionario de carreira adscrito ó instituto.
b) Os profesores de pedagoxía terapéutica e, se é o caso, de audición e linguaxe, que exercen a función de apoio á atención ó alumnado con necesidades educativas especiais, destinados no instituto de educación secundaria.
c) Un titor por cada un dos cursos que componen as etapas educativas que se impartan no instituto, designados pola dirección por proposta da comisión de coordinación pedagóxica. Na designación procurarase que existan profesores de cada un dos ámbitos lingüístico-social e científico-tecnolóxico e, dentro de cada ámbito, do maior número posible de áreas.
d) Nos institutos nos que se imparta formación profesional específica incorporarase ó departamento de orientación un profesor que imparta a área de formación e orientación laboral.
Art. 54. O establecido nos puntos 49 e 50 destas instruccións serán de aplicación ó departamento de orientación. As referencias ás programacións didácticas serán aplicables ó plan de orientación académica e profesional e plan de acción titorial, que forma parte de cada un dos proxectos curriculares de etapa e, se é o caso, dos proxectos curriculares de ciclo formativo da formación profesional específica, que constitúen o proxecto curricular do instituto.