| 02 Aneae e anee. ESO. BAC |
Flexibilización. Necesidades educativas especiais.
Orde do 27 de decembro de 2002 . Art. 26º, 30º, 31º e 32º.
Nos aspectos relativos á formación profesional deberá estarse ao establecido no Decreto 114/2010, de 1 de julio, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia e na Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.
Artigo 26º.-Condicións xerais para a flexibilización da duración da escolarización.
O alumnado con necesidades educativas especiais poderá ser obxecto de medidas de flexibilización da súa escolarización nas diferentes etapas do ensino non universitario, para o que será necesaria a autorización desta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Para tal fin, será imprescindible a constatación da aplicación previa doutras medidas de adaptación curricular ou organizativas previstas para a atención das necesidades específicas do alumno.Artigo 30º.-Procedemento para solicitar as flexibilizacións.
Para acollerse ás flexibilizacións ás que se fai referencia nos artigos anteriores a dirección do centro presentará a oportuna solicitude na correspondente delegación provincial. Esta acompañarase da seguinte documentación:
a) Informe que xustifique a necesidade da medida, elaborado polo departamento de orientación do centro ou ó que este estea adscrito ou, no seu defecto, polo profesor titor;
b) Conformidade expresa dos pais ou titores legais do alumno, se é menor de idade, ou a súa propia se non o é;
c) Fotocopia compulsada do libro de escolaridade ou de cualificacións, se procede, ou certificación académica;
d) Proposta de adaptación do currículo segundo o disposto na Orde do 6 de outubro de 1996.
A citada solicitude remitirase, xunto co informe da inspección educativa, á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, á que corresponderá a autorización ou denegación da flexibilización.
Tanto por iniciativa da inspección educativa, como pola da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, poderase requirir ó equipo de orientación específico dependente da delegación provincial correspondente a elaboración dun informe complementario ó respecto.
Artigo 31º. Prazos para as solicitudes de flexibilización.
(Nos aspectos relativos á formación profesional este artigo está derrogado pola Orde do 23 de abril de 2007, DOG do 7 de maio)
No caso daquelas modalidades de ensino que non conten con avaliación extraordinaria no mes de setembro, o prazo para presenta-las solicitudes de flexibilización será o mes de abril. As delegacións provinciais trasladaranas á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional antes do 31 de maio, acompañándoas dos informes correspondentes. A resolución correspondente comunicaraseó centro antes do 31 de xullo para o seu trasladoó interesado.
No caso das modalidades de ensino que conten con avaliación extraordinaria no mes de setembro e das ensinanzas de réxime especial, a solicitude de flexibilización farase no mes de setembro, coincidindo co correspondente prazo de matrícula, debendo remitila a dirección do centro á delegación provincial nos sete días naturais seguintes. A tramitación perante a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional levarase a cabo dentro dos quince días naturais posteriores á presentación da solicitude de matrícula. A correspondente resolución comunicarase ó centro nun prazo non superior a quince días naturais, contados a partir da recepción da solicitude de flexibilización na dirección xeral.
Artigo 32º. Rexistro no expediente académico das flexibilizacións do período de escolarización.
Con carácter xeral, calquera medida de flexibilización consignarase, incluíndo a resolución pola que foi autorizada, en tódolos documentos de avaliación do alumno que en cada caso correspondan.