| 02 Aneae e anee. ESO. BAC |
Artigo 2. Principios xerais
2. A consellería competente en materia de educación realizará a programación xeral e a oferta anual de prazas escolares tendo en conta a oferta existente de centros públicos e privados concertados e, como garantía de calidade da educación, realizará unha adecuada e equilibrada escolarización do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Artigo 9. Criterios xerais de admisión do alumnado
3. Naqueles centros sostidos con fondos públicos onde non existan prazas suficientes para atender todas as solicitudes, e unha vez adxudicadas as prazas que proceda en aplicación do establecido no número anterior, o proceso de admisión rexerase, en todo caso, polos seguintes criterios e a súa valoración:
g) Por concorrencia de discapacidade na alumna, no alumno ou nalgún dos seus proxenitores ou irmáns: puntuación máxima 4 puntos.
1º Por discapacidade na alumna ou no alumno: 4 puntos.
2º Por discapacidade de nai, pai, titora ou titor legal: 3 puntos.
3º Por discapacidade nalgunha irmá ou nalgún irmán da alumna ou do alumno: 1 punto.
Artigo 11. Admisión de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
1. No que non estea regulado na normativa propia, a admisión de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo rexerase polo presente decreto, que potenciará a admisión deste alumnado nos centros ordinarios. Só cando as ditas necesidades non se poidan atender no marco das medidas de atención á diversidade, procederá a escolarización en unidades ou centros de educación especial.
2. A consellería competente en materia de educación establecerá a proporción de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que poderá ser escolarizado en cada un dos centros sostidos con fondos públicos. Con esta finalidade reservará ata o final do prazo de matrícula un mínimo do dez por cento e un máximo do quince por cento dos postos escolares por unidade.
Artigo 12. Escolarización por traslado
2. Favorecerase a incorporación ao sistema educativo do alumnado que, por proceder do estranxeiro, por pertencer a familias itinerantes ou por calquera outro motivo debidamente acreditado se incorpore de forma tardía ao sistema educativo español.
Artigo 13. Escolarización por violencia de xénero ou acoso escolar
A Administración educativa asegurará a escolarización inmediata do alumnado que se vexa afectado por cambios de centro derivados de actos de violencia de xénero ou acoso escolar, e adoptará as medidas necesarias para que os centros educativos lle presten especial atención.