| 02 Aneae e anee.ESO.BAC |
2.3. Avaliación. Disposicións xerais e a súa relación coa atención ao ANEAE.
Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.(DOG, 23/06/08).
Se no proceso de avaliación continua se advertise que unha alumna ou un alumno non progresa adecuadamente, o centro educativo, tan pronto como detecte as dificultades de aprendizaxe, adoptará medidas de reforzo educativo coa finalidade de que o alumnado adquira as aprendizaxes necesarias para continuar satisfactoriamente os seus estudos.
As alumnas e os alumnos conseguirán a promoción ao 2º curso cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo.
ORDE do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 27/06/08).
Se no proceso de avaliación continua se advertise que unha alumna ou un alumno non progresa satisfactoriamente, o profesorado, tan pronto como detecte as dificultades de aprendizaxe, adoptará as medidas de reforzo dentro das acordadas polo centro e recollidas no seu proxecto educativo.