Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 07/17/08).
Detección das dificultades do alumnado e toma de decisións en canto ás medidas precisas. Art. 2º.3, 4º.2.
- 2.3. A avaliación será continua en canto que forma
parte do proceso de ensino aprendizaxe e terá carácter
formativo e orientador permitindo detectar as dificultades
no momento que se producen e, en consecuencia,
incorporar medidas de ampliación, enriquecemento,
reforzo ou de adaptación que permitan
garantir a adquisición das aprendizaxes imprescindibles
para continuar o proceso educativo do alumnado
e unha mellor adecuación da práctica docente.
- 2. A avaliación inicial será o punto de referencia
para a toma de decisións relativas ao desenvolvemento
do currículo, así como para adoptar aquelas medidas
de apoio, reforzo e recuperación que se consideren
oportunas para cada alumna ou alumno. Será de
grande importancia a coordinación de todo o profesorado que imparta docencia en cada grupo co fin de
tomar medidas conxuntas que faciliten o progreso do
alumnado.
Asesoramento do orientador. Art. 4º.3.
- 4.3. As sesións de avaliación serán coordinadas pola
persoa titora do grupo e nelas participará todo o profesorado
que imparte docencia nel e contará co asesoramento
do departamento de orientación. Nelas valoraranse
as aprendizaxes acadadas por cada alumna e
cada alumno en relación co grao de desenvolvemento
das competencias básicas e coa consecución dos
obxectivos previstos para cada unha das materias e/ou
ámbitos e, se é o caso, as medidas adoptadas ou que
se deban adoptar, sexa de forma xeral ou nalgunha das materias, orientadas á mellora do seu proceso de aprendizaxe.
Valoración cualitativa nas actividades de reforzo do alumnado exento de francés. Art. 4º.9.
- 4.9. O alumnado dos cursos primeiro e segundo que
presenten dificultades continuadas no seu proceso de
aprendizaxe, e que de acordo co artigo 5.f) da Orde do
6 de setembro de 2007, non curse neses anos a materia común de segunda lingua estranxeira, será valorado, de xeito cualitativo, no progreso nas actividades
de reforzo que estea desenvolvendo. Nos documentos
de avaliación figurará coa mención de exenta/o.
Avaliación e promoción de alumnos con AC conforme ao establecido nas mesmas. Art. 5º
- 5.2. Sen prexuízo do anteriormente indicado, na avaliación
do alumnado que presente necesidades educativas
especiais, que curse as ensinanzas correspondentes
á educación secundaria obrigatoria con adaptacións
curriculares significativas, de acordo co artigo
14.4º do Decreto 133/2007, a avaliación e promoción tomará como referencia os obxectivos e os criterios de avaliación fixados nas adaptacións curriculares.
Promoción con materias pendentes con programa de reforzo. Art. 6º.6.
- 6.6. O alumnado que promocione de curso sen ter
superado todas as materias seguirá un programa de
reforzo destinado a recuperar as aprendizaxes non
adquiridas e deberá superar a avaliación correspondente
ao devandito programa. A avaliación do programa
de reforzo será tida en conta para os efectos de
cualificación das materias non superadas. Correspóndelles
aos departamentos didácticos a organización
destes programas. Cada profesor ou profesora desenvolverao
no curso no que imparte docencia. Os centros educativos organizarán os procesos de avaliación da recuperación das materias pendentes.
Reducción da duración da etapa de alumnos altas capacidades. Art. 6º.7.
- 6.7. Para o alumnado con altas capacidades poderase
flexibilizar a duración da etapa, de modo que se poida
reducir a súa duración, cando se considere que
estamedida é amáis adecuada para o seu equilibrio
persoal e a súa sociabilización, previa avaliación psicopedagóxica e logo de ter seguido un programa de enriquecemento do currículo.
Plan de recuperación das aprendizaxes non adquiridas para alumnado repetidor. Art. 6º.8.
- 6.8. O alumnado que non promocione permanecerá
un ano máis no mesmo curso. Esta repetición irá acompañada dun plan de recuperación das aprendizaxes non adquiridas co fin de favorecer a adquisición
das competencias básicas.
Información aos pais das decisión adoptadas para reforzo/recuperación. Art. 8º.2.
8.2. Finalizada cada unha das sesións de avaliación,
o alumnado e as nais/pais ou persoas titoras legais
serán informados dos seus resultados, da evolución
académica así como das decisións adoptadas para o
reforzo e/ou recuperación, se fose o caso.