02 Aneae e Anee

Orde do 23 de novembro de 2007 Artigo 6º.4. Art. 7º.

Artigo 6.-Promoción de ciclo.

4. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, o alumnado que presente necesidades educativas especiais poderá permanecer un ano máis na etapa de educación primaria, nos termos previstos no artigo 16.6º do Decreto 130/2007 polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma galega, sempre que esta medida favoreza a súa integración socioeducativa.

Artigo 7.-Promoción á educación secundaria obrigatoria.

1. O alumnado promocionará á etapa de educación secundaria obrigatoria se alcanzou o desenvolvemento correspondente das competencias básicas, os obxectivos da educación primaria e un adecuado grao de madurez.

2. Accederase igualmente cando as aprendizaxes non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente a nova etapa. Neste caso, a persoa titora, no informe persoal, precisará as dificultades presentadas e os obxectivos da etapa non logrados, así como as medidas adoptadas ata ese momento a fin de que o centro receptor poida establecer as medidas necesarias de reforzo.

3. A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais poderá flexibilizarse de tal forma que se poida adiantar, logo da avaliación psicopedagóxica, o inicio da escolarización na etapa de educación secundaria obrigatoria, sempre que se considere que esta medida é a máis adecuada para o desenvolvemento equilibrado do alumnado e para a súa socialización.