| 02 Aneae e anee |
Artigo 20. Informe final na educación primaria e no ensino obrigatorio.
Ao remate da educación primaria e do ensino obrigatorio, o departamento de orientación do centro, ou o que lle corresponda por adscrición elaborará un informe sobre o proceso educativo do alumnado que fose obxecto de atencións derivadas de necesidades educativas especiais. Nel recollerase unha descrición dos apoios adicionais recibidos, de tipo curricular, organizativo e de acceso ao currículo, se os houbese.
Este informe, que terá carácter confidencial, xuntarase á documentación que se remite ao centro no que o alumno vaia continuae a súa escolarización e estará á disposición da inspección educativa.