| 02 Aneae e anee |
Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral. (DOG, 07/11/95).
O artigo 10º referente á promocóón non é de aplicacóón ao ir contra o establecido nos Decretos 130/2007, 133/2007 e 105/2014. Precisa avaliación psicopedagóxica previa.
Artigo 7º. Proceso de elaboración.
1. Para levar a cabo a adaptación curricular en calquera das áreas ou materias do currículum, os centros deberán realizar unha avaliación diagnóstica na que se recollerán datos relevantes sobre a situación socio familiar do alumno ou alumna e sobre o seu proceso de aprendizaxe, aportados tanto polo equipo educativo responsable do alumno ou alumna, como polo orientador do centro, se existe, o equipo psicopedagóxico de apoio ou calquera outro profesional que estea participando na atención ó devandito alumno.
2. Os centros deberán realizar unha reunión coordinada polo xefe de estudios á que asistirán o titor, os profesores que imparten as áreas ou materias que se consideran obxecto de adaptación curricular e os profesionais que participaron na avaliación diagnóstica. Nesta reunión decidirase a pertinencia da adaptación curricular, así como aqueles elementos do currículum que, se é o caso, deberán ser modificados.
3. Elaborarase a adaptación do currículum de referencia nas áreas ou materias acordadas, segundo o establecido na presente orde.
4. Os datos obtidos na avaliación diagnóstica establecida no apartado 1 do presente artigo reflectiranse nun documento de adaptación curricular no que se que consignará, segundo o modelo do anexo I da presente orde, a información relativa a: