| 02 Aneae e anee |
SECCIÓN PRIMEIRA. ALUMNADO QUE PRESENTA NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS
Artículo 74. Escolarización.
1. A escolarización do alumnado que presenta necesidades educativas especiais rexerase polos principios de normalización e inclusión e asegurará a súa non discriminación e a igualdade efectiva no acceso e a permanencia no sistema educativo, podendo introducirse medidas de flexibilización das distintas etapas educativas, cando se considere necesario. A escolarización deste alumnado en unidades ou centros de educación especial, que se poderá estender ata os vinte e un anos, só se levará a cabo cando as súas necesidades non poidan ser atendidas no marco das medidas de atención á diversidade dos centros ordinarios.
2. A identificación e valoración das necesidades educativas deste alumnado realizarao, da forma máis temperá posible, persoal coa debida cualificación e nos termos que determinen as administracións educativas.
3. Ao finalizar cada curso avaliaranse os resultados conseguidos por cada un dos alumnos en función dos obxectivos propostos a partir da valoración inicial. A devandita avaliación permitirá proporcionarlles a orientación adecuada e modificar o plan de actuación así como a modalidade de escolarización, de modo que se poida favorecer, sempre que sexa posible, o acceso do alumnado a un réxime de maior integración.
4. Correspóndelles ás administracións educativas promover a escolarización na educación infantil do alumnado que presente necesidades educativas especiais e desenvolver programas para a súa adecuada escolarización nos centros de educación primaria e secundaria obrigatoria.
5. Correspóndelles así mesmo ás administración educativas favorecer que o alumnado con necesidades educativas especiais poida continuar a sĂșaescolarización de maneira adecuada nas ensinanzas postobrigatorias, así como adaptar as condicións de realización das probas establecidas nesta lei para aquelas persoas con discapacidade que así o requiran.
SECCIÓN SEGUNDA. ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS
Artigo 77. Escolarización.
O Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas, establecerá as normas para flexibilizar a duración de cada unha das etapas do sistema educativo para os alumnos con altas capacidades intelectuais, con independencia da sĂșa idade.
SECCIÓN TERCEIRA. ALUMNOS CON INTEGRACIÓN TARDÍA NO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL
Artigo 78. Escolarización.
1. Correspóndelles ás administracións públicas favorecer a incorporación ao sistema educativo dos alumnos que, por proceder doutros países ou por calquera outro motivo, se incorporen de forma tardía ao sistema educativo español. Esta incorporación garantirase, en todo caso, na idade de escolarización obrigatoria.
2. As administracións educativas garantirán que a escolarización do alumnado que acceda de forma tardía ao sistema educativo español se realice atendendo ás súas circunstancias, coñecementos, idade e historial académico, de modo que se poida incorporar ao curso máis adecuado ás súas características e coñecementos previos, cos apoios oportunos, e desta forma continuar con aproveitamento a sĂșa educación.